| L | M | M | J | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Oct | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
18 Octubre 2009 por Agrupación.

Co novo curso comeza unha nova maneira de entender a actividade deportiva para as nenas e nenos en idade escolar.Fronte ao modelo anterior denominado “Deporte na Escola”, agora preséntase o modelo “Xogade”, baseado nun sistema de competicións en modalidades deportivas independentes, orientadas dende as respectivas federacións.No ámbito da nosa Agrupación non tardaron en escoitarse as críticas polo cambio, xa que eran moitos os centros que valoraron moi positivamente a actividade deportiva co enfoque anterior de integración de modalidades deportivas e alumnado, cun vocación pedagóxica para deportistas, adestradores, responsables, público, etc.Desde unha Agrupación que apostou claramente por el, e mantendo a esperanza de que se produza unha rectificación dende a Secretaría Xeral para o Deporte que permita, cando menos, convivir os dous modelos, queremos ofrecer este espacio para que manifestedes a vosa opinión.
Publicado en Xeral | 1 comentario »
19 Noviembre 2007 por Agrupación.
Con esta entrada damos comezo ao noso blog. Para que poidas expresar directamente as túas opinións. O primeiro debate está servido: ¿cal é o modelo de competición escolar que prefires? ¿Prefires o tradicional denominado “Competición deportiva en idade escolar” ou o novo “Deporte na Escola”?
Publicado en Xeral | 8 comentarios »
19 Noviembre 2007 por Agrupación.
Dámosvos a benvida ao foro da AGRUDEBAM. Aquí poderedes participar coas vosas aportacións
Publicado en Uncategorized | 2 comentarios »